Esta é unha iniciativa de Culturmar que entronca coa aposta de ARGA a prol do fomento da arte galega, xerando situacións e espazos nos que os seus socios e socias poidan mostrar ao mundo as súas creacións artísticas. A convocatoria é froito da colaboración entre ARGA e Culturmar con motivo do XVI Encontro de embarcacións tradicionais en Sada do 3-6 agosto de 2023, busca acrecentar o apoio á creación artística e poñer en valor o noso patrimonio cultural marítimo material e inmaterial, prestando especial atención as embarcacións tradicionais, utilizando á arte como elemento fundamental de achegamento á sociedade e difusión no seu máis amplo sentido. O Concello de Sada pon a nosa disposición a sala de cultura Pintor LLoréns e teño o pracer de comisariar ademais de participar nesta exposición xunto con Nuria de Culturmar e coa colaboración de Manuel Gandullo que estará aberta dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto de 2023.










