A veladura como unha cortina que nos impide ver a realidade con precisión. Trata da memoria borrosa, das lembranzas que se desvanecen como se afundiran no mar, do esquecemento do patrimonio material e inmaterial mariñeiro. 

O mar que habito IV

Esta exposición trata de darlle continuidade a un traballo que comezou cunha serie de acuarelas e acrílicos “Traspasando Fronteiras” no ano 2019  que versaba sobre a emigración, a nosa propia emigración, a dos galegos no século XX e a actual, a que recibimos dende outros paises. Os cadros, semiabstractos, tentaban profundar nas emocións das persoas que se vían abocadas a  emigrar. Esa serie desembocou nunha temática mariñeira máis ampla que xa tratei nás dúas últimas exposicións individuais: “Escenas mariñeiras” e “Salgaduras Cotiás”, unha vez rematadas quedábame a inquedanza de que aínda había moito máis que contar sobre esta temática, o mundo mariñeiro e o seu esquecemento, as mulleres que traballaban na seca, nas fábricas de peixe…

A colección está composta por acuarelas e acrilícos

Os meu avó foi patrón de pesca, meu pai seguiu os seus pasos como mariño mercante. Lembro con agarimo as historias que contaba a miña nai da súa xuventude, embarcaban os domingos na chalana coa comida e coa alegría contida do que alí agardaba, remaban ata chegar a Tambo, onde pasaban o día sen presas, asaban o peixe bañábanse e paseaban devagar ata que a chegada do solpor os devolvía a realidade das súas vidas. Gustaríame que esas lembranzas non se volvesen borrosas que as veladuras verticais non nos impidan ver o mar.

Sequeiras II